A Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia foi constituída en outubro de 1996 como entidade sen ánimo de lucro pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
A organización foi declarada de interese industrial por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública o 2 de decembro de 1996 (D.O.G. nº 241 do 11 de decembro), de interese galego por Orde da Consellería de Industria e Comercio do 19 de decembro de 1996 (D.O.G. nº 253 do 30 de decembro) e inscrita no Rexistro Único de Fundacións de interese galego co número 1996/13.
Ao obxeto de contribuír a mellora continua na súa xestión, o 27 de xullo de 2000 a Fundación certificou o seu sistema administrativo por a norma ISO 9002:94. Posteriormente, o 1 de febreiro de 2001, actualizou dita certificación por a norma ISO 9001:2000, e na actualidade xa ten actualizado o seu sistema aos requisitos da Norma UNE-EN-ISO 9001:2008.
Potenciando tamén a adecuada xestión das actividades de I+D+i levadas a cabo nos seus Centros, a Fundación ten certificado segúndo as Normas UNE 166002:2006 “ Xestión da I+D+i: Requisitos dun sistema de xestión de I+D+i” e segundo a Norma UNE 166006:2006 EX Xestión de la I+D+i: Sistema de Vixilancia Tecnolóxica” tanto o desenvolvemento de proxectos de IDi nas suas unidades, como a realización de servizos de Vixilancia tecnolóxica segundo os requisitos establecidos na norma, sendo pioneiros na sua certificación a nivel nacional.
Según os
estatutos, os obxetivos da Fundación son promover a difusión e aplicación de políticas en materia de calidade, tecnoloxía e innovación, recibindo adicionalmente a encomenda de xestión de infraestructuras tecnolóxicas; o Centro de Innovación e Servicios (CIS) do Deseño e a Tecnoloxía de Galicia, o Centro de Innovación e Servicios (CIS) Tecnolóxicos da Madeira de Galicia e o Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia, levando a cabo dende cada un dos centros antes indicados as actividades contempladas no marco da súa competencia técnica e estratéxica.